CÁRCERE DA COROA

Civil
173
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Bispo Carrascosa 8

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 06.0" N - 7º 51' 50.0" W

Descrición

Antigo cárcere episcopal cuxo nome popular fai referencia á forma da tonsura que alí levaban os presos. O edificio, plenamente barroco, foi mandado edificar no século XVIII polo bispo Juan Muñoz de la Cueva, quen tamén promovera a ampliación do pazo episcopal. O seu escudo figura sobre o portón de entrada de ambos os edificios. Na década dos sesenta do século pasado, o edificio pasou a formar parte do Concello en virtude dun cambio do solar actual da igrexa de San Pío X, onde había un pequeno hospital, na Avenida de Zamora. Foi completamente restaurada e na actualidade está ocupada por diferentes servizos municipais.

Acceso

Na zona monumental da cidade de Ourense.

Accesibilidade

Peonil.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba