PAZO DE DORNEDA

Civil
639

Localización

Parroquia: Dorneda (San Martiño)

Lugar: Xaz

15178  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 21' 09.0" N - 8º 19' 20.9" W

Descrición

Pazo de estilo predominantemente neoclásico, con planta rectangular de dúas alturas. Nos seus muros a fábrica de cachotería de granito e barro contrasta coas magníficas pezas de cadeirado reservadas para esquinais e contornos de vans. A cuberta de tella curva ápoiase nunha ruda cornixa de laxes de lousa. Sobresae a galería de madeira da fachada este. Na fachada principal destacan o escudo de armas e a escalinata de pedra.

Acceso

Dende Oleiros tomaremos a estrada que vai cara Dorneda (AC-181) dirección rúa Castro de Xaz, preto de aquí está situado o pazo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!