HÓRREOS EN COMEZO

Etnográfico
1103
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Laxe (San Xoán)

Lugar: Comezo

27512  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 36' 05.9" N - 7º 51' 11.0" W

Descrición

Conxunto formado por dous hórreos con estrutura de granito e cuberta de tella a dúas augas rematada nos extremos cunha cruz e cun pináculo.
O hórreo situado ao oeste está formado por cinco claros ou aires pechados por balaústres de madeira, a parte inferior aséntase sobre seis pés de forma rectangular que se dispoñen nun muro. Mentres, o outro hórreo presenta tres claros e aséntase sobre un tornarratos estilo mesa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Patrimonio cultural Etnográfico Hórreo ou conxunto singular
Arriba