OS DOMINICOS

Relixioso
2550

Localización

Parroquia: Ortigueira (Santa Marta)

Lugar: Ortigueira

Praza Isabel II

15330  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 06.0" N - 7º 51' 15.9" W

Descrición

O convento forma un conxunto arquitectónico coa igrexa parroquial de Santa Marta. O antigo convento dos dominicos foi construído na primeira metade do século XIV e foi expropiado en 1835. O edificio presenta unha planta cuadrangular, na que se desenvolven dúas alturas, ao redor dun patio interior co seu correspondente claustro. Escasamente ornamentado, a decoración exterior concéntrase na fachada principal, que forma un ángulo recto co adro da mencionada igrexa, e na que destaca a porta de entrada adornada con pilastras de estilo toscano sostendo o cornixamento. No interior resaltan tres escudos heráldicos labrados en pedra, con emblemas da vila. O edificio alberga hoxe dependencias municipais e dedícase en parte a actividades culturais.

Acceso

Está no núcleo urbano.

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Dominicos
Arriba