IGREXA DE SAN SALVADOR DE ORRO

Relixioso
529
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Orro (San Salvador)

Lugar: Orro

Estrada de Uxes a Tarrio 164

15199  Culleredo - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 03.0" N - 8º 25' 37.0" W

Descrición

A obra orixinal é do s.XII, pero atopámonos ante a igrexa románica máis modificada de todas as que se conservan no concello: a súa fisionomía: perdeu a fachada orixinal, engadíronselle novos corpos ao conxunto inicial (orixinariamente tiña unha soa nave) e ata foi alterada a capela maior.Ten planta e ábsidas rectangulares. A cabeceira enmarcase cun arco de medio punto sostido por capiteis con motivos vexetais. No interior atopamos un interesante retablo nun estilo no que perviven os postulados barrocos, obra do escultor galego de maior relevancia do s.XVIII, José Ferreiro. Representa a “Transfiguración de Cristo” está datado no 1774.

Acceso

Dende a Casa do Concello, dirixímonos pola DP-3109 ata a rotonda de enlace coa DP-0510 (Estrada de Uxes a Tarrio) para seguir por esta estrada. Despois de avanzar 2800 mt atoparemos a igrexa de San Salvador de Orro á nosa dereita.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!