PAZO DE SÁLVORA

Civil
1013
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Aguiño (Nosa Señora do Carme)

Lugar: Sálvora

15965  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 28' 14.9" N - 9º 00' 15.5" W

Descrición

O edificio forma parte das construcións levantas na illa de Sálvora, protexida baixo a figura do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e declarada Ben de interese cultural (BIC) na categoría de “paisaxe cultural”.
Tamén é coñecido como Pazo de Goyanes, pois pertenceu á familia Otero Goyanes, ou O Almacén.
A primeira construción foi levantada por Jerónimo de Hijosa en 1770 coa función de fábrica de salga. Sobre esta antiga edificación construíuse o pazo actual, que ten dúas torres. Ademais ten varios escudos ou pedras de armas que recordan ás familias propietarias.
Actualmente funciona como museo da illa.

Acceso

En barco: posibilidade de aluguer de embarcacións con patrón dende o porto de Aguiño e Ribeira.
A illa está suxeita ás condicións de acceso establecidas polo Parque Nacional, polo que antes de acceder a ela é preciso obter os permisos necesarios.
O percorrido pola illa faise camiñando, estando prohibidos os vehículos.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba