CAPELA DE SAN CAETANO E NOSA SEÑORA DE GUADALUPE

Relixioso
397

Localización

Parroquia: Lieiro (Santa María)

Lugar: O Guioncho

Camiño do Guioncho 48

27890  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 02.1" N - 7º 26' 56.5" W

Descrición

Esta capela, situada no alto do Guioncho preto do lugar da Venta, foi fundada no ano 1718 por Manuel Bermúdez. No ano 1798 o seu patrón e posesor era D. Felipe Bermúdez Saavedra, fillo do fundador e párroco de Cervo. Actualmente é privada e pertence a familia Rubiños, descendentes do fundador.
Esta capela foi restaurada polos propietarios no ano 2002 xa que se atopaba en ruínas. Destacar que na restauración a súa estrutura orixinal non foi alterada, mantendo o seu altar principal con dúas fornelas laterais. Lamentablemente perdéronse as imaxes orixinais de San Caietano e Nosa Señora de Guadalupe, polo que foron repostas por outras de cerámica.

Acceso

Dende o centro de San Ciprián saímos dirección Viveiro ata chegar ao cruce da Piscina Olímpica de Lieiro. Neste cruce que está á dereita collemos cara a esquerda e continuamos pola estrada sen desviarnos durante 1.5 Km aproximadamente ata chegar ao cruce que nos atopamos xusto debaixo da ponte pola que transcorre a N-634. Neste cruce collemos cara a esquerda e baixamos pola estrada uns 200 ata chegar a unha explanada que nos atopamos enfronte a unhas casas. Nesta localización podemos deixar o coche pois a Capela atopámola no alto das pedras que están ao lado da explanada.

Estilos

Barroco
Arriba