IGREXA DE CASTRO

Relixioso
648

Localización

Parroquia: Santa Baia de Castro (Santa Baia)

Lugar: Castro

15147  Coristanco - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 00.5" N - 8º 48' 03.9" W

Descrición

Ao pé dun castro está a fermosa e aínda nada adulterada a igrexa de Santa Baia de Castro. A fachada é un retablo petreo. No corpo superior, Santa Apolonia e Santa Clara. En baixo, Santo Antón e San Francisco. Unha inscrición pon esta data: 1736. Estamos, pois, ante a mais antiga das fachadas en Bergantiños. Torre arrimada, base rectangular, con dous corpos aínda despois do tellado da igrexa. Balconciños defendendo o coroamento cupular da torre. Igrexa-Fortaleza que da imaxe de obra oriental, bizantina. Artesoado de castiñeiro, lousado de cantería, tamén de pedra é a pía bautismal. Cinco retablos. O maior,en mediano estado de conservación, pode que sexa o máis valioso de Bergantiños: dous pares de columnas salomónicas cualifican o seu barroquismo. No sagrario, está un relevo a inmaculada. No terceiro corpo a patroa Santa Baia, e catro imaxes máis no segundo corpo. Nos laterais, Virxe das Dores, de finais do século XVII e un Santo Antón que agora está na sancristía. Imaxe da Virxe das Neves, procedente dunha ermida que se derrubou.

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!