IGREXA DE FERREIRA

Relixioso
531

Localización

Parroquia: Ferreira (Santa María)

Lugar: Ferreira

15147  Coristanco - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 10.7" N - 8º 46' 52.8" W

Descrición

Igrexa parroquial de planta rectangular cunha soa nave dividida en tres tramos e presbiterio de planta rectangular. A sancristía localízase a continuación do presbiterio, cunha porta de acceso e dúas alturas.
Diante da mesma, un cruceiro coa Virxe do Rosario. Na sancristía un crucifixo de gran valor, cos xeonllos dobrados conxuntamente, moi traballado o cabelo. 
Retablo con columnas salomónicas, dous corpos. Importante a imaxe central, María co neno, erguendo ela a man sobre os devotos.

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Arriba
Axúdanos a mellorar!