IGREXA DE CORISTANCO

Relixioso
212

Localización

Parroquia: Coristanco (San Paio)

Lugar: San Paio

15147  Coristanco - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 25.0" N - 8º 45' 40.3" W

Descrición

Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave con dúas capelas situadas no laterais. A estrutura resólvese mediante dous muros de carga de cachotería enfuscados e pintados e cantería en esquinais e ocos. A cuberta fórmase a dúas augas con tella cerámica curva. Na fachada principal con orientación Oeste concéntrase a decoración. Encóntrase dividida en tres lenzos por medio de pilastras de orde xigante apegadas ó muro. No central sitúase a porta de acceso alintelada e un oco rectangular superior. Unha cornixa actúa como remate deste primeiro corpo e sobre ela atópase un frontón curvo e dous pináculos laterais. A torre campanario situada no eixo central ten planta cuadrangular e divídese en tres corpos. O inferior é a base con cornixa sobre a que se asenta o corpo de campás formado por catro machóns unidos por arcos de medio punto e varandas de pedra. O tramo final constitúese por unha cúpula sobre un tambor de sección octogonal con catro ventás e rematada por un pináculo con bola e unha cruz de ferro.
Arriba
Axúdanos a mellorar!