Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DA VIRXE DO BO PARTO E DO LEITE&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DA VIRXE DO BO PARTO E DO LEITE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200403000022/capela-da-virxe-do-bo-parto-e-do-leite?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: San Xoán de Laíño (San Xoán)
Lugar: A Devesa
15981 Dodro - A Coruña
Esta capela, tamén coñecida como A Capilla, é un edificio de planta rectangular e reducidas dimensións (6 m. de longo aprox. por 4,50 m. de ancho), en obra de perpiaños e cachotería, con bóveda de adobe e cemento e cuberta a dúas augas. O máis destacable dende o punto de vista artístico é a súa fachada principal, que responde a traza neoclásica. Consta dun único corpo con porta no centro escoltada por dúas columnas monolíticas exentas sen capitel e sobre bases cúbicas, as cales sosteñen a cornixa que no centro avanza 80 cm. aprox.
Completa a fachada un frontón curvo do mesmo ancho que esta, o cal aparece coroado no centro por un pequeno campanario en forma de trípode e remate en cruz do tipo dos cruceiros, cun Cristo e unha Piedade, ambos en granito. A porta é de arco zarpanel de tres centros e presenta ó igual que o resto do paramento da fachada principal, un enmarque de cantería en resalte. O acceso ó edificio faise ao través dunha escaleira de granito de cinco escadas. En setembro celébranse as festas no seu honor.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.