Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Constrúe a túa viaxe
Información práctica
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DA VIRXE DO BO PARTO E DO LEITE&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DA VIRXE DO BO PARTO E DO LEITE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200403000022/capela-da-virxe-do-bo-parto-e-do-leite?langId=gl_ES
Parroquia: San Xoán de Laíño (San Xoán)
Lugar: A Devesa
15981 Dodro - A Coruña
Esta capela, tamén coñecida como A Capilla, é un edificio de planta rectangular e reducidas dimensións (6 m. de longo aprox. por 4,50 m. de ancho), en obra de perpiaños e cachotería, con bóveda de adobe e cemento e cuberta a dúas augas. O máis destacable dende o punto de vista artístico é a súa fachada principal, que responde a traza neoclásica. Consta dun único corpo con porta no centro escoltada por dúas columnas monolíticas exentas sen capitel e sobre bases cúbicas, as cales sosteñen a cornixa que no centro avanza 80 cm. aprox.
Completa a fachada un frontón curvo do mesmo ancho que esta, o cal aparece coroado no centro por un pequeno campanario en forma de trípode e remate en cruz do tipo dos cruceiros, cun Cristo e unha Piedade, ambos en granito. A porta é de arco zarpanel de tres centros e presenta ó igual que o resto do paramento da fachada principal, un enmarque de cantería en resalte. O acceso ó edificio faise ao través dunha escaleira de granito de cinco escadas. En setembro celébranse as festas no seu honor.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.