Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 77 SENDA DE BOBORÁS&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 77 SENDA DE BOBORÁS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200430000176/pr-g-77-senda-de-boboras?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
O inicio atópase na estrada que une Eixán con Ponterriza. Esta última aldea é digna de visitar, a pesar de situarse fóra de roteiro, pola súa ponte medieval e un cruceiro con gravados de serpes. En Ponterriza tamén hai posibilidade de conexión coa PR-G 79. A senda chega a Eixán e descende para atravesar o río Pedriña, comezando daquela a ascensión cara a Astureses.
O patrimonio que atopamos neste PR-G é importantísimo: o románico nas igrexas de San Xulián de Astureses, Sta. María de Xuvencos e San Martiño de Cameixa e o pazo Almuzara (turismo rural).
A final do traxecto, o carreiro descende cara ás ruínas de Leborín para, entre fermosos camiños flanqueados por antigos muros, desembocar na aldea de Pazos de Arenteiro (ver PR-G 76). Desde esa poboación pódese tomar o PR-G 79 cara a Ponterriza, a 8 km, pasando por Castro Cavadoso e Moldes e, dese xeito, completar un itinerario circular.
O Ribeiro e O Carballiño, a pedra feita arte
O territorio que se estende polas comarcas do Ribeiro e O Carballiño posúe unha altísima concentración de patrimonio relixioso. Á xa mencionada roteiro do Románico (igrexas de Astureses, Xuvencos e Cameixa), hai que engadir as de San Mamede de Moldes (tamén en Boborás), San Tomé de Serantes, Lamas, Lebosende e Gomariz (no Concello de Leiro) e a de San Tomé O Vello en Maside, sen esquecer o prerrománico de San Xes de Francelos en Ribadavia.
Outros templos máis recentes, pero igualmente singulares, son os de Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Beade, Banga e O Carballiño. E para completar, os mosteiros de Oseira, Melón e San Clodio que dan forma a un roteiro imprescindible para calquera viaxeiro curioso.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.