PR-G 77 SENDA DE BOBORÁS

Sendeirismo
1123

Localización

Boborás - Ourense

Coordenadas:
42º 25' 33.1" N - 8º 06' 54.5" W
42º 23' 48.9" N - 8º 08' 54.7" W

Descrición

O inicio atópase na estrada que une Eixán con Ponterriza. Esta última aldea é digna de visitar, a pesar de situarse fóra de roteiro, pola súa ponte medieval e un cruceiro con gravados de serpes. En Ponterriza tamén hai posibilidade de conexión coa PR-G 79. A senda chega a Eixán e descende para atravesar o río Pedriña, comezando daquela a ascensión cara a Astureses.

O patrimonio que atopamos neste PR-G é importantísimo: o románico nas igrexas de San Xulián de Astureses, Sta. María de Xuvencos e San Martiño de Cameixa e o pazo Almuzara (turismo rural).

A final do traxecto, o carreiro descende cara ás ruínas de Leborín para, entre fermosos camiños flanqueados por antigos muros, desembocar na aldea de Pazos de Arenteiro (ver PR-G 76). Desde esa poboación pódese tomar o  PR-G 79 cara a Ponterriza, a 8 km, pasando por Castro Cavadoso e Moldes e, dese xeito, completar un itinerario circular.

Acceso

O panel de inicio de Eixán está na estrada de acceso a esta aldea desde a  N-541, entre O Carballiño e A Almuzara, á altura de Godás do Río e  Ponterriza.

Un plus

O Ribeiro e O Carballiño, a pedra feita arte

O territorio que se estende polas comarcas do Ribeiro e O Carballiño posúe unha altísima concentración de patrimonio relixioso. Á xa mencionada roteiro do Románico (igrexas de Astureses, Xuvencos e Cameixa), hai que engadir as de San Mamede de Moldes (tamén en Boborás), San Tomé de Serantes, Lamas, Lebosende e Gomariz (no Concello de Leiro) e a de San Tomé O Vello en Maside, sen esquecer o prerrománico de San Xes de Francelos en Ribadavia.

Outros templos máis recentes, pero igualmente singulares, son os de Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Beade, Banga e O Carballiño. E para completar, os mosteiros de Oseira, Melón e San Clodio que dan forma a un roteiro imprescindible para calquera viaxeiro curioso.

Lonxitude

16,5 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Pazos de Arenteiro (Concello de Boborás)
Punto de partida: Inmediacións de Godás do Río (Concello de O Carballiño)

Percorrido

Eixán, Fondo de Vila, Astureses, O Igresario, A Almuzara, Boborás, Salceda, Córneas, Cameixa, Leborín, Pazos de Arenteiro.

Dificultade

Media

Duración

5 horas e media.

Conexións

Con PR-G 76 e 79.

Material

Calzado cómodo.

Servizos

En Boborás e Pazos de Arenteiro.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

187-I O Carballiño, 187-III Maside

Máis información

boboras.gal
www.terrasdoavia.es

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!