PR-G 78 SENDA DE PENA CORNEIRA

Sendeirismo
2267

Localización

Leiro - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 04.1" N - 8º 07' 18.9" W
42º 22' 20.6" N - 8º 10' 48.6" W

Descrición

Desde A Ponte das Poldras en Leiro, atravesando o núcleo urbano da capital do concello. A senda ascende ata Lebosende polo chamado Camiño Real, compartido tamén co PR-G 76.

Máis arriba, en Paredes, atópase a área etnográfica “Regacho do Foxo” formada por 6 muíños e 30 hórreos. Desde esta aldea, tomando un desvío indicado por unha frecha xunto a un cruceiro, existe a posibilidade de abandonar o roteiro sinalizado e achegarse por unha pista asfaltada á igrexa de San Tomé de Serantes (S. XII), unha fermosa xoia do románico entre as máis interesantes de toda Galicia.

A senda sae de Paredes por un tramo asfaltado en dirección a Orega. Logo, xira á dereita e se interna por unha singular paisaxe de vexetación autóctona. Neste percorrido, o camiño aproxímase a Valboa e máis tarde alcanza a área recreativa de Pena Corneira, coroada cos espectaculares “cornos” de granito que dan nome a esta formación. É aquí tamén onde se atopa a igrexa románica de Lamas.

Xa fóra do roteiro, hai dous accesos que se achegan respectivamente ao cume de Pena Corneira e ao miradoiro de Outeiral, ambos a máis de 600 metros de altitude e con excelentes vistas sobre a comarca.

Acceso

Pola OU-504, desde O Carballiño ou desde Ribadavia, ata Leiro.

Lonxitude

8,3 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Parque forestal de Pena Corneira (Concello de Leiro)
Punto de partida: Leiro

Percorrido

Leiro, Lebosende, Paredes, Valboa, área recreativa de Pena Corneira.

Dificultade

Media

Duración

2 horas e 50 minutos.

Conexións

Co PR-G 76.

Material

Calzado apropiado. Existen varias fontes ao longo do itinerario.

Servizos

En Leiro.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

187-III Maside

Máis información

Concello de Leiro
Tel.: 988 488 000
info@concellodeleiro.com
www.concellodeleiro.com

www.terrasdoavia.es

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!