Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 83 RUTA DO VENTO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 83 RUTA DO VENTO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200505000006/pr-g-83-ruta-do-vento?langId=gl_ES
Na área recreativa de Chao do Couso existe unha zona de aparcamento e un panel informativo sobre os carreiros deste concello.
O roteiro transita na súa totalidade por pistas anchas de escasa pendente. O tramo inicial son 300 metros de estrada para logo emprender a subida pola suave Serra da Cadeira cara ao pico de Chao Grande (770 m.) en Cerrochán, desde onde se goza de excelentes vistas dos vales circundantes.
O bosque autóctono de carballos, madroños, acivros e abeleiras predomina na vertente norte, a unha cota inferior á pista por onde discorre a senda. Nas cimas do monte predominan as plantacións de coníferas e os espazos abertos.
O percorrido dispón de dous pequenos refuxios para a choiva en O Chao Grande e no Monte da Insua. Case dous quilómetros do traxecto son compartidos co PR-G 85 Ruta da Fraga de Vilapena e tamén no inicio conecta co PR-G 84.
Concello de Trabada
Tel.: 982 135 011
concello@trabada.es
www.trabada.es
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.