Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 85 RUTA DA FRAGA DE VILAPENA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 85 RUTA DA FRAGA DE VILAPENA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200506000008/pr-g-85-ruta-da-fraga-de-vilapena?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
O carreiro que rodea e atravesa a Fraga de Vilapena transcorre entre unha gran diversidade de vexetación autóctona. Comeza antes de chegar á aldea, nunha zona de aparcamento acondicionada cun panel informativo. Iniciando o traxecto cara a Vilapena, visítase a igrexa parroquial e obsérvanse numerosos hórreos e antigas edificacións de pedra.
O roteiro abandona as praderías do núcleo rural e penétrase entre as plantacións forestais e o tupido bosque autóctono, ascendendo cara á bifurcación e miradoiro de Pau Pico a 486 metros de altura. Retomando a senda, tras un tramo de menos dun quilómetro, esta únese co PR-G 83. Ascendendo unha breve costa, atópase un refuxio para a choiva e ambos os carreiros comparten o seu itinerario durante un bo treito.
Cara ao final, o camiño regresa á Fraga de Vilapena para dirixirse ao arroio de Vilaformán, outrora coñecido pola súa fama troitera. Se optamos por seguir a variante e facer o percorrido máis curto entraremos no interior da fraga onde se atopan vestixios de antigas carboeiras.
Concello de Trabada
Tel.: 982 135 011
concello@trabada.es
www.trabada.es
Sendeiros
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.