Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 178 RUTA MAQUINO LARGAÑO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 178 RUTA MAQUINO LARGAÑO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200511000031/pr-g-178-ruta-maquino-largano?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Senda circular a partir de Luíntra, capital do Concello de Nogueira de Ramuín, ou desde o Parador e mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Discorre principalmente por camiños e pistas, xeralmente amplas, coincidindo en numerosas ocasións co roteiro 1 para bicicletas do Centro BTT Ribeira Sacra.
As paisaxes varían entre zonas de cultivo moi humanizadas e tupidos bosques de carballos, castiñeiros ou bidueiros. Tamén destacan as vistas desde os magníficos miradoiros sobre o Canón do río Sil ou a impoñente panorámica sobre o mosteiro de Santo Estevo que ofrece o Castro de Litoria, encumbrado sobre grandes penedos graníticos.
O nome do roteiro Maquino Largaño significa “camiño longo” e é unha homenaxe ao barallete, xerga gremial propia de determinados oficios ambulantes, especialmente dos afiadores e paragüeros, utilizada con finalidade críptica e moi implantada outrora nesta zona.
Castro de Litoria
Coñecido tamén como Penedos do Castro, é un caso curioso dunha pequena citania refortificada na Idade Media. A súa orixe suponse do S. VI a. C. Foi utilizado durante a Idade do Hierro e posteriormente abandonado, sen chegar a romanizarse. Logo reocupado na época suevo-visigoda, durando o seu uso ata a Baixa Idade Media ( ss. XIV-XV). As súas funcións eran as de vixiar os accesos a Santo Estevo e servir de refuxio en caso de perigo.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.