PR-G 178 RUTA MAQUINO LARGAÑO

Sendeirismo
1051

Localización

Nogueira de Ramuín - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 38.6" N - 7º 43' 24.4" W

Descrición

Senda circular a partir de Luíntra, capital do Concello de Nogueira de Ramuín, ou desde o Parador e mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Discorre principalmente por camiños e pistas, xeralmente amplas, coincidindo en numerosas ocasións co roteiro 1 para bicicletas do Centro BTT Ribeira Sacra.

As paisaxes varían entre zonas de cultivo moi humanizadas e tupidos bosques de carballos, castiñeiros ou bidueiros. Tamén destacan as vistas desde os magníficos miradoiros sobre o Canón do río Sil ou a impoñente panorámica sobre o mosteiro de Santo Estevo que ofrece o Castro de Litoria,  encumbrado sobre grandes penedos graníticos.

O nome do roteiro Maquino Largaño significa “camiño longo” e é unha homenaxe ao barallete, xerga gremial propia de determinados oficios ambulantes, especialmente dos afiadores e paragüeros, utilizada con finalidade críptica e moi implantada outrora nesta zona.

Acceso

Desde Ourense accédese a Luíntra pola N-120 e continuando pola OU-555, ou desde a OU-536 pola OU-508. En Luíntra o inicio do roteiro está xunto ao cuartel da Garda Civil.

Un plus

Castro de Litoria

Coñecido tamén como Penedos do Castro, é un caso curioso dunha pequena citania refortificada na Idade Media. A súa orixe suponse do S. VI a. C. Foi utilizado durante a Idade do Hierro e posteriormente abandonado, sen chegar a romanizarse. Logo reocupado na época suevo-visigoda, durando o seu uso ata a Baixa Idade Media ( ss. XIV-XV). As súas funcións eran as de vixiar os accesos a Santo Estevo e servir de refuxio en caso de perigo.

Lonxitude

14,7 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Luíntra (Concello de Nogueira de Ramuín)
Punto de partida: Luíntra (Concello de Nogueira de Ramuín)

Percorrido

Luíntra, Baldomar, Monteverde, Biduedo, Paradela, Santo Estevo de Ribas de Sil, Pombar, Mundín, Luíntra.

Dificultade

Media - Alta

Duración

5 horas e media.

Servizos

En Luíntra e Santo Estevo de Ribas de Sil.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

188-I A Peroxa, 188-II Sober, 188-III Nogueira de Ramuín, 188-IV Parada de Sil

Máis información

Concello de Nogueira de Ramuín
Tel.: 988 201 023
www.nogueiraderamuin.com

turismo.ribeirasacra.org

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico
Interese xeral

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba