mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 180 RUTA DA CUBELA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 180 RUTA DA CUBELA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200512000035/pr-g-180-ruta-da-cubela?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Ribas de Sil - Lugo
Desde Castro de Abaixo, ascende por unha pista que coincide co antigo Camiño Sur de Santiago, tamén chamado Camiño de Inverno. Entre campos de labor, prados e algún bosque autóctono, a subida aproximaranos ata a aldea de Torbeo. É recomendable facer o roteiro neste sentido, xa que deixaremos a baixada e o paseo xunto ao río Sil para o final do traxecto.
En Torbeo, é interesante abandonar o roteiro e visitar a próxima igrexa románica de Santa María ( ss. XII-XIII), pertencente ao antigo priorado dos frades de San Benito.
Comeza o descenso cara a Covela pero, antes de chegar, admiraremos o traballo sobre a pedra no lugar chamado Pena Tallada. Este camiño foi labrado a man para permitir o paso de homes, animais e carruaxes. Desde unha atalaia moi próxima hai vistas espectaculares sobre o pechado meandro que forma o río Sil.
Desde A Covela, o carreiro é un camiño ao bordo do río, en gran parte empedrado e cuberto por un bosque mediterráneo de sobreiras, madroños e aciñeiras. Ao final do percorrido, a senda ascende suavemente ata Castro de Abaixo.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.