Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 181 RUTA DE CIBRISQUEIROS A SAN COSMEDE&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 181 RUTA DE CIBRISQUEIROS A SAN COSMEDE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200513000051/pr-g-181-ruta-de-cibrisqueiros-de-san-cosmede?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Discorre polo antigo camiño que unía Cibrisqueiros con San Cosmede. Desde a estrada, nas proximidades dun lavadoiro comunitario, o roteiro se interna entre as casas da aldea. Á altura das últimas edificacións hai unha derivación á dereita ata a fermosa igrexa románica de San Vicente de Pombeiro ( ss. XII-XIII).
Continuando de fronte, tras pasar un arroio, o camiño sobe ata unhas antigas construcións abandonadas. En breve chegaremos ás tumbas de O Preguntoiro, situadas a escasos metros da senda. Son dúas tumbas antropomorfas, unha pequena pila e outros restos, todo escavado en pedra de granito.
Agora as rocas toman o protagonismo, conformando un fermoso camiño. Atoparemos algunha parede preparada para a escalada, así como penedos de curiosas formas alveoladas. A continuación, o roteiro descende por Penaveada cara á pequena capela de San Cosmede, na que se venera á Virxe das Dores. Seguindo un tramo entre viñedos e vellos muros de pedra, chégase á próxima aldea de San Cosmede.
As árbores deixarannos ver o Canón do Sil en contadas ocasións, pero percorrer o roteiro no outono e primavera será un deleite para os sentidos debido ás marabillosas tonalidades da vexetación.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.