Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Este percorrido sorprende polas suas espectaculares vistas sobre o río Miño, así como pola riqueza arquitectónica do concello de Toén.
Iniciando o roteiro en Moreiras, a senda percorre os seus primeiros tramos polo núcleo urbano que conta con construcións ben conservadas e de boa factura, como a súa praza e fonte de 1895, a Casa do Patín ou a barroca fachada da igrexa de San Pedro.
O longo trazado deste carreiro transcorre principalmente por pistas amplas, salvo os camiños antigos entre aldeas ou as sendas tortuosas do bosque de Coto Louredo. Durante a senda, alternaremos zonas de matogueira con outras de bosque denso, con sobreiras, castiñeiros, madroños, carballos e acivros.
En Coto Louredo poderemos gozar das vistas sobre o val do río Miño, en concreto desde o miradoiro natural e a cova de Cima da Granxa ou desde Penedo Fendido. En Mugares, a senda pasa xunto á ermida das Angustias, así como xunto á igrexa de Santa María e a súa blasonada reitoral.
O roteiro visita tamén os núcleos de Toén, Trellerma e Trelle con casas antigas e edificios relixiosos dignos de ser visitados. Existen dúas variantes ben indicadas que permiten acurtar o roteiro.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración