Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 186 RUTA MOREIRAS - CONCELLO DE TOÉN&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 186 RUTA MOREIRAS - CONCELLO DE TOÉN extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200513000056/pr-g-186-ruta-moreiras-concello-de-toen?langId=gl_ES
Este percorrido sorprende polas suas espectaculares vistas sobre o río Miño, así como pola riqueza arquitectónica do concello de Toén.
Iniciando o roteiro en Moreiras, a senda percorre os seus primeiros tramos polo núcleo urbano que conta con construcións ben conservadas e de boa factura, como a súa praza e fonte de 1895, a Casa do Patín ou a barroca fachada da igrexa de San Pedro.
O longo trazado deste carreiro transcorre principalmente por pistas amplas, salvo os camiños antigos entre aldeas ou as sendas tortuosas do bosque de Coto Louredo. Durante a senda, alternaremos zonas de matogueira con outras de bosque denso, con sobreiras, castiñeiros, madroños, carballos e acivros.
En Coto Louredo poderemos gozar das vistas sobre o val do río Miño, en concreto desde o miradoiro natural e a cova de Cima da Granxa ou desde Penedo Fendido. En Mugares, a senda pasa xunto á ermida das Angustias, así como xunto á igrexa de Santa María e a súa blasonada reitoral.
O roteiro visita tamén os núcleos de Toén, Trellerma e Trelle con casas antigas e edificios relixiosos dignos de ser visitados. Existen dúas variantes ben indicadas que permiten acurtar o roteiro.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.