Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 188 SENDEIRO DE ZOBRA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 188 SENDEIRO DE ZOBRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200514000059/pr-g-188-sendeiro-de-zobra?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Desde a aldea de Zobra, pódese realizar este esixente roteiro ao completo. Tamén dividila ou acurtala mediante unha variante que sae da propia aldea. A conexión da variante está nas proximidades da fonte pública.
As paisaxes de montaña, os campos de labor e os bosques autóctonos caracterizan este roteiro. A senda discorre por camiños de fortes pendentes, a miúdo empedrados e con restos das antigas roderas de carros. Son camiños con pouco tránsito, outrora utilizados por veciños e por mineiros.
Nestes montes aínda quedan numerosos restos dos colmeares ou alvarizas que protexían o mel e as abellas dos extintos osos da Serra do Candán. Tamén atoparemos construcións de alto valor etnográfico, como o viaduto pétreo coñecido como Ponte dos Medos ou os restos das explotacións mineiras de estaño tan abundantes nestas altas ladeiras.
Desde un miradoiro sobre o lugar de Ameixedo, moi próximo ao cume do monte Coco, así como desde a propia cima, as vistas esténdense sobre os montes do Candán e do Testeiro, roldando todos eles os 1.000 metros de cota. Baixo os seus picos, normalmente nevados no inverno, os profundos vales recollen as augas coas que regan as fermosas terras do Deza. Ao fondo, desde o Coco, alcanzaremos a ver a capital do municipio de Lalín.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.