PR-G 188 SENDEIRO DE ZOBRA

Sendeirismo
1429
No Camiño de Santiago

Localización

Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 34' 02.1" N - 8º 12' 08.2" W

Descrición

Desde a aldea de Zobra, pódese realizar este esixente roteiro ao completo. Tamén dividila ou acurtala mediante unha variante que sae da propia aldea. A conexión da variante está nas proximidades da fonte pública.

As paisaxes de montaña, os campos de labor e os bosques autóctonos caracterizan este roteiro. A senda discorre por camiños de fortes pendentes, a miúdo empedrados e con restos das antigas roderas de carros. Son camiños con pouco tránsito, outrora utilizados por veciños e por mineiros.

Nestes montes aínda quedan numerosos restos dos colmeares ou alvarizas que protexían o mel e as abellas dos extintos osos da Serra  do Candán. Tamén atoparemos construcións de alto valor etnográfico, como o viaduto pétreo coñecido como Ponte dos Medos ou os restos das explotacións mineiras de estaño tan abundantes nestas altas ladeiras.

Desde un miradoiro sobre o lugar de Ameixedo, moi próximo ao cume do monte Coco, así como desde a propia cima, as vistas esténdense sobre os montes do Candán e do Testeiro, roldando todos eles os 1.000 metros de cota. Baixo os seus picos, normalmente nevados no inverno, os profundos vales recollen as augas coas que regan as fermosas terras do Deza. Ao fondo, desde o Coco, alcanzaremos a ver a capital do municipio de Lalín.

Acceso

Desde a saída 46 da AP-53, á altura de Lalín, tomar a PO-534 en dirección Laro e Vilatuxe. En Vilatuxe virar á esquerda pola PO-203. En 400 metros virar á dereita cara a Pinoi e Zobra. Continuar uns 9 km.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Lonxitude

22,8 km. A variante mide 1,9 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Zobra, no lugar de Portela (Concello de Lalín)
Punto de partida: Zobra, no lugar de Portela (Concello de Lalín).

Percorrido

Zobra, Ponte das Tenzas, Ponte de Porto Martín, Porto Martín, Ameixedo, Coco, Ponte dos Medos, Cabana, Campa Valiño, Liñeiras, Zobra.

Dificultade

Alta

Duración

9 horas.

Material

Ao transcorrer por un macizo como a Serra do Candán, recoméndase ir preparado ante posibles inclemencias do tempo.

Servizos

Fora de ruta, en Vilatuxe e Lalín.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

53-IV Soutelo de Montes, 154-III O Irixo

Máis información

Comunidade de Montes de Zobra
Tel.: 986 784 592 / 608 061 772
montesdezobra@yahoo.es

Concello de Lalín

Tel.: 986 787 060
lalin.gal

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico
Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!