PR-G 189 RUTA DOS CASTROS DO IRIXO

Sendeirismo
1098

Localización

O Irixo - Ourense

Coordenadas:
42º 30' 55.2" N - 8º 07' 45.3" W
42º 29' 58.9" N - 8º 08' 24.1" W

Descrición

Desde O Irixo de Arriba ata Valdesoiro, o percorrido do carreiro visita lugares moi humanizados desde antigo. Hoxe, debido ao despoboamento, a natureza reclama o seu terreo e os bosques e plantacións silvícolas bordean o roteiro.

É un trazado suave que pasa polo derruído muíño de Valcobo, xunto ao río Coedo. Unha canle de auga achéganos ata a variante do carreiro que sobe ao Coto do Castro, onde quedan restos dos muros, pouco visibles, da muralla do Castro de Orros.

En Paredes, hai que facer un pequeno desvío para ver os restos do seu conxunto de hórreos. Logo, a senda descende ata Os Casares e, tras unha pequena costa, achegaranos a Valdesoiro.

Neste percorrido podemos atopar tradicionais hórreos mixtos construídos en pedra e madeira. Aquí, normalmente, non se apoian en pés, senón en cepas (muros ou pezas transversais, do mesmo ancho que a cámara) e poden ter teito de lousa ou de tella.

Acceso

Desde O Carballiño pola OU-202, ou desde Lalín pola PO-202. Desviarse no Irixo ata Irixo de Arriba.

Un plus

AS AGRUPACIÓNS DE HÓRREOS

Aínda que as agrupacións de hórreos existen en toda Galicia, predominan máis na provincia de Ourense e nas serras montañosas de Pontevedra. Cando unha aldea está conformada por vivendas pegadas e non é posible a construción do hórreo xunto á casa, todos os hórreos da veciñanza constrúense concentrados nun espazo público ou comunal sobre rocas e terreos estériles que non teñan outra utilidade.

Lonxitude

5,4 km e a variante mide 1,2 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Valdesoiro (Concello do Irixo).
Punto de partida: Irixo de Arriba (Concello do Irixo).

Percorrido

Irixo de Arriba, río Coedo, Coto do Castro, Orros, igrexa de Santa Mariña da Cidá, Rego da Cidá, Paredes (conxunto de hórreos), Os Casares, Valdesoiro.

Dificultade

Baixa

Duración

2 horas e 10 minutos.

Servizos

No Irixo.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

154-III O Irixo, 187-I O Carballiño

Máis información

Concello do Irixo
Tel.: 988 287 400
www.oirixo.gal

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba