PR-G 198 RUTA DO MALURO E PENA TREVINCA

Sendeirismo
2410

Localización

A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 16' 00.3" N - 6º 53' 46.2" W
42º 14' 39.0" N - 6º 47' 43.6" W

Descrición

A senda é lineal e sobe desde Vilanova ata as proximidades do cume de Pena Trevinca. O camiño comeza como unha pista ancha de terra que, en apenas 700 metros, bifúrcase: á esquerda segue o trazado principal (PR-G 198) cara ao monte Maluro e á dereita segue a variante (PR-G 198.1) cara ás coñecidas como “minas dos alemáns”.

A senda e a variante conectan na Poula de Campo Raso. Desde este punto, a ascensión é máis alpina. O percorrido pasa polo Lombo do Rocín, un lugar de crista escarpada, ata alcanzar as cotas do Sestil Alto e A Valigota. Cando o roteiro finaliza, xusto na divisoria entre os vales do río Xares e do río Tera, teremos o cume de Pena Trevinca á nosa dereita.

O regreso pódese realizar pola mesma roteiro, pola variante ou polo resto dos carreiros conectados.

Acceso

Desde A Rúa ou desde A Gudiña, pola OU-533 ata o Alto do Covelo. Desviarse en dirección á Veiga, proseguir ata Xares e chegar ata Vilanova no Concello da Veiga.

Lonxitude

26 km (ida e volta obrigatoria).

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Vilanova (Concello da Veiga). O final do roteiro xunto a Pena Trevinca non ten acceso de vehículos.
Punto de partida: Vilanova (Concello da Veiga). O final do roteiro xunto a Pena Trevinca non ten acceso de vehículos.

Percorrido

Vilanova, Maluro, Lombo do Rocín, colado do río Xares próximo a Pena Trevinca, e regreso.

Dificultade

Alta

Duración

7 horas e media.

Conexións

Co PR-G 199 e co PR-G 201. A través deste último tamén enlaza co PR-G 200.

Material

Roupa de abrigo, mesmo no verán. Provisións de auga. GPS e mapa.

Servizos

En Vilanova e, fora de ruta, en A Veiga.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

228-II Lamalonga, 229-I Lago de la Baña, 229-III Peña Trevinca

Máis información

Concello da Veiga
Tel.: 988 350 000
www.aveiga.gal
concello.aveiga@eidolocal.es

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico
Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!