Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 195 RUTA DOS MUÍÑOS DO RÍO DAS GÁNDARAS&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 195 RUTA DOS MUÍÑOS DO RÍO DAS GÁNDARAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200515000076/pr-g-195-ruta-dos-muinos-do-rio-das-gandaras?langId=gl_ES
Desde a ponte da Gándara, a senda descende xunto ao leito do Rego das Gándaras nun percorrido con suaves desniveis e remonta os ríos Tambre e Cabalar ata A Ponte do Sapo, permitindo gozar dunha contorna que serve de marco para un belo conxunto etnográfico formado por numerosos muíños e un batán.
Este traxecto inferior a 6 km visita 22 muíños hidráulicos en diferente estado de conservación. Así como o batán de Mezonzo, actualmente restaurado, que servía para golpear repetidamente produtos téxtiles como feltros e tecidos, co fin de darlles maior firmeza e resistencia. Crese que a orixe deste batán pode estar relacionado co mosteiro de Mezonzo do século XII, polo que podería ser un dos máis antigos da península.
O carreiro rodéase de frondosa vexetación, creando un ecosistema húmido e fresco todo o ano, Tamén acolle numerosas árbores de ribeira, en especial amieiros, salgueiros, bidueiros e abeleiras.
A IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE MEZONZO
Declarada monumento histórico artístico, destaca polo seu estilo románico de finais do S. XII, aínda que a súa orixe probablemente sexa anterior ao século X. Orixinariamente, foi un mosteiro de gran importancia que gozaba dunha ampla biblioteca. A súa historia está intimamente relacionada co seu abade Pedro de Mezonzo (930-1003), o cal chegou a ser bispo de Iria Flavia – Santiago de Compostela e, posteriormente, declarado santo.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.