Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 200 RUTA DAS LAGOAS GLACIARES DA SERPE E DE OCELO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 200 RUTA DAS LAGOAS GLACIARES DA SERPE E DE OCELO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200519000095/pr-g-200-ruta-das-%20lagoas-glaciares-da-serpe-e-de-ocelo?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
A aldea da Ponte é o inicio e final deste carreiro de montaña con trazado circular. O percorrido comeza fronte á Igrexa de Santa María Madalena e pasa xunto á antiga casa-escola, convertida en Centro de Visitantes da ZEC Pena Trevinca. Enseguida bifúrcase a senda: de fronte pódese ascender ao monte O Fial e á Lagoa da Serpe; á dereita a subida será máis suave e alcanza antes a Lagoa de Ocelo.
Optando por esta segunda opción o itinerario ascende por unha pista ata alcanzar o valado metálico do coto cinexético de Xares. A pista ancha continúa ata a Lagoa de Ocelo (1.510 m). Logo, unha estreita senda de montaña en dirección este que bordea a saia do monte O Fial, alcanza a Lagoa da Serpe, relacionada con diversas lendas.
Para regresar, gáñase altura por un camiño empinado ata un magnífico miradoiro sobre a propia lagoa. O roteiro segue unhas roderas que suavemente alcanzan o redondeado cume de O Fial (1.841 m), lugar desde onde observar toda a Serra de Trevinca e os vales do Xares e do Bibei. O descenso á Ponte realízase pola pista de Pena Ferro e o camiño de As Calellas.
Concello da Veiga
Tel.: 988 350 000
www.aveiga.gal
concello.aveiga@eidolocal.es
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Sendeiros
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.