Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 201 RUTA INTEGRAL SERRA CALVA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 201 RUTA INTEGRAL SERRA CALVA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200519000104/pr-g-201-ruta-integral-%20serra-calva?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
A senda discorre polo linde entre as provincias de Ourense e Zamora. Iníciase o traxecto na Portela da Serra Calva (1.520 m), tamén coñecida como As Lagoas das Tablillas, no límite do Concello da Veiga e o municipio zamorano de Porto de Sanabria. Neste punto hai unha zona de observación astronómica, xa que o lugar goza dun ceo amplo e sen contaminación lumínica.
O percorrido discorre xunto a moitas pequenas lagoas estacionais que reciben o nome de lagoallos. A presenza destes pequenos lagos e zonas encharcadas (chamadas brañas) é a mostra do pasado glaciar destes montes.
A senda visita as lagoas glaciares de Ocelo e da Serpe, así como as praderías e os restos dos chozos utilizados antigamente polos gandeiros. Desde O Escavadoiro, o roteiro sobe xunto ao río Xares ata case o seu nacemento. Logo, conecta con outros carreiros para achegarse ao cume de Pena Trevinca.
O trazado da Integral da Serra Calva acumula 21 km, pero hai que reservar forzas para cubrir a mesma distancia no traxecto de volta. Ou baixar ata Vilanova ou á Ponte mediante outros sendeiros conectados.
Concello da Veiga
Tel.: 988 350 000
www.aveiga.gal
concello.aveiga@eidolocal.es
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.