Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 204 RUTA RIBEIRA DO BISPO - MIRADOIRO DE AUGAS CAÍDAS&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 204 RUTA RIBEIRA DO BISPO - MIRADOIRO DE AUGAS CAÍDAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200525000145/pr-g-204-ruta-ribeira-do-bispo-miradoiro-de-augas-caidas?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Trazado paralelo ao río Sor. A contorna é un bosque de ribeira atlántico de frondosa vexetación onde predominan bidueiros, amieiros, loureiros, castiñeiros e carballos, así como diferentes especies de fentos. Protexido por unha feraz natureza, o Sor pode presumir de ser rico en peixes, cuns 16 quilómetros acoutados para a pesca deportiva. No traxecto atoparemos ata cinco refuxios para pescadores, construídos sobre antigos muíños en bo estado de conservación.
Desde o miradoiro de Augas Caídas e o refuxio de O Couce, a senda descende vertixinosamente ata o río e logo ascende lentamente en dirección ao refuxio de Salustio. Este tramo, duns tres quilómetros, é o máis natural e escarpado do roteiro, polo que é importante levar bo calzado e camiñar con precaución. O resto do carreiro é máis suave e permite ser percorrido mesmo en bicicleta.
Na área recreativa de Ponte Segade, atopamos o complexo de lecer máis completo de todo o itinerario. Dispón de numerosas mesas e dunhas cantas grellas para cociñar. Conta tamén con servizo de hostalería, parque infantil, praia fluvial e instalacións para os bañistas, con servizos hixiénicos e duchas.
RECOMENDACIÓNS
Precaución no tramo de Augas Caídas a Fonte Cubelas, especialmente con nenos.
Concello de Mañón
Tel.: 981 414 002
www.manon.es
correo@manon.es
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.