PR-G 204 RUTA RIBEIRA DO BISPO - MIRADOIRO DE AUGAS CAÍDAS

Sendeirismo
1233

Localización

Mañón - A Coruña

Coordenadas:
43º 35' 04.5" N - 7º 43' 18.5" W
43º 38' 28.9" N - 7º 43' 04.7" W

Descrición

Trazado paralelo ao río Sor. A contorna é un bosque de ribeira atlántico de frondosa vexetación onde predominan bidueiros, amieiros, loureiros, castiñeiros e carballos, así como diferentes especies de fentos. Protexido por unha feraz natureza, o Sor pode presumir de ser rico en peixes, cuns 16 quilómetros acoutados para a pesca deportiva. No traxecto atoparemos ata cinco refuxios para pescadores, construídos sobre antigos muíños en bo estado de conservación.

Desde o miradoiro de Augas Caídas e o refuxio de O Couce, a senda descende vertixinosamente ata o río e logo ascende lentamente en dirección ao refuxio de Salustio. Este tramo, duns tres quilómetros, é o máis natural e escarpado do roteiro, polo que é importante levar bo calzado e camiñar con precaución. O resto do carreiro é máis suave e permite ser percorrido mesmo en bicicleta.

Na área recreativa de Ponte Segade, atopamos o complexo de lecer máis completo de todo o itinerario. Dispón de numerosas mesas e dunhas cantas grellas para cociñar. Conta tamén con servizo de hostalería, parque infantil, praia fluvial e instalacións para os bañistas, con servizos hixiénicos e duchas.

RECOMENDACIÓNS

Precaución no tramo de Augas Caídas a Fonte Cubelas, especialmente con nenos.

Acceso

Desde a estrada CP-4401 que une O Porto do Barqueiro coas Pontes de García Rodríguez, hai un desvío en As Grañas do Sor cara á Ribeira do Bispo e outro na parroquia de Mañón cara a Augas Caídas.

Lonxitude

12 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Mirador de Augas Caídas – Refugio de O Couce (Concello de Mañón)
Punto de partida: A Ribeira do Bispo (Concello de Mañón)

Percorrido

A Ribeira do Bispo, refuxio da Ribeira do Bispo, refugio do Cascón, área recreativa da Ponte Segade, refuxio de Salustio, fonte Cubelas, refuxio de Cubelas, miradoiro de Augas Caídas e refuxio do Couce.

Dificultade

Media - Baixa

Duración

4 horas

Servizos

En Ponte Segade e, fóra de roteiro, en As Grañas do Sor e O Porto do Barqueiro.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

8-I Mañón

Máis información

Concello de Mañón
Tel.: 981 414 002
www.manon.es
correo@manon.es

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!