Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 212 RUTA PONTE DO PORTO - PONTE ULLÓ&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 212 RUTA PONTE DO PORTO - PONTE ULLÓ extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200527000188/pr-g-212-ruta-ponte-do-porto-ponte-ullo?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
A senda transcorre entre a frondosa vexetación da beira esquerda do río Sor. No seu discorrer, o Sor recolle as augas de multitude de pequenos afluentes, creando unha fonda conca de meandros encaixados entre ladeiras moi verticais. A súa auga, limpa e transparente, é de primeira calidade para a pesca deportiva.
A Ponte do Porto é un antigo e exquisito viaduto que sorprende pola súa envergadura e a súa fermosa factura de cantería con arcos de medio punto. De orixe medieval, servía para que o Camiño Real puidese sortear o río Sor. Era a vía de comunicación entre as vilas de Viveiro e Ortigueira, pertencentes cada unha delas, respectivamente, ás antigas provincias de Mondoñedo e Betanzos.
Durante o roteiro, tamén poderemos gozar das áreas recreativas de Ponche Ulló e da Furada, onde existen coidados refuxios para gorecerse. Nas proximidades da Furada, unha ponte colgante permite acceder á outra beira.
RECOMENDACIÓNS
Precaución con nenos.
Concello de Mañón
Tel.: 981 414 002
www.manon.es
correo@manon.es
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.