PR-G 212 RUTA PONTE DO PORTO - PONTE ULLÓ

Sendeirismo
1466

Localización

Mañón - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 34.1" N - 7º 41' 33.4" W
43º 41' 15.2" N - 7º 42' 47.4" W

Descrición

A senda transcorre entre a frondosa vexetación da beira esquerda do río Sor. No seu discorrer, o Sor recolle as augas de multitude de pequenos afluentes, creando unha fonda conca de meandros encaixados entre ladeiras moi verticais. A súa auga, limpa e transparente, é de primeira calidade para a pesca deportiva.

A Ponte do Porto é un antigo e exquisito viaduto que sorprende pola súa envergadura e a súa fermosa factura de cantería con arcos de medio punto. De orixe medieval, servía para que o Camiño Real puidese sortear o río Sor. Era a vía de comunicación entre as vilas de Viveiro e Ortigueira, pertencentes cada unha delas, respectivamente, ás antigas provincias de Mondoñedo e Betanzos.

Durante o roteiro, tamén poderemos gozar das áreas recreativas de Ponche Ulló e da Furada, onde existen coidados refuxios para gorecerse. Nas proximidades da Furada, unha ponte colgante permite acceder á outra beira.

RECOMENDACIÓNS

Precaución con nenos.

Acceso

Desde a estrada CP-4401 que une O Porto do Barqueiro coas Pontes de García Rodríguez, hai un desvío cara á Casanova e A Ponte do Porto.

Lonxitude

6,4 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Ponte Ulló (Concello de Mañón)
Punto de partida: A Ponte do Porto (Concello de Mañón)

Percorrido

A Ponte do Porto, refuxio da Furada, ponte colgante, Rego Soutullo, Ponte Ulló.

Dificultade

Baixa

Duración

1 hora e 45 minutos.

Servizos

Fóra de roteiro, na parroquia das Ribeiras de Sor e na vila do Porto do Barqueiro.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

2-III Ortigueira, 8-I Mañón

Máis información

Concello de Mañón
Tel.: 981 414 002
www.manon.es
correo@manon.es

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!