mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 225 RUTA DO FERRO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 225 RUTA DO FERRO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200529000208/pr-g-225-ruta-do-ferro?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
O Incio - Lugo
Esta senda transcorre por unha pista que mantén a súa altura pola ladeira norte dos montes Pico de Santa Bárbara, A Boibela e Penedo do Campo, todos eles a máis de 1.000 metros de altitude.
A senda comeza visitando a Pena do Chao, unha roca cun petróglifo, onde existe tamén un magnífico miradoiro sobre o val formado polos ríos Antiga e Cabe. A continuación, o camiño achégase ás bocas de varias minas de ferro, como a Cova do Avión, a Cova da Tinta ou a Cova do Couso. Estes montes ocultan pequenas e numerosas explotacións, algunhas da primeira metade do século XX e outras moi anteriores.
Unha derivación de gran pendente ascende ata o Foxo de Lobos de Monteagudo, antiga trampa para diezmar as poboacións de lobos que ameazaban ao pastoreo. Máis adiante, o percorrido achégase ata outro miradoiro na Pena de San Mamede. Desde este punto, a pista continúa ata a fonte do Balneario, outrora concorrido e famoso manancial declarado de utilidade pública.
RECOMENDACIÓNS
Recoméndase non acceder ao interior das minas.
FOXOS DE LOBOS
Os fosos de lobos son construcións cara ás que eran conducidos estes animais para así poder darlles caza. Xeralmente están formados por un par de muros e un pozo. Os muros, que teñen altura suficiente para impedir ser superados polos animais, converxen nun foxo escavado no chan no que os lobos eran capturados.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.