PR-G 225 RUTA DO FERRO

Sendeirismo
1928

Localización

O Incio - Lugo

Coordenadas:
42º 38' 08.0" N - 7º 20' 56.1" W
42º 38' 03.1" N - 7º 18' 26.3" W

Descrición

Esta senda transcorre por unha pista que mantén a súa altura pola ladeira norte dos montes Pico de Santa Bárbara, A Boibela e Penedo  do Campo, todos eles a máis de 1.000 metros de altitude.

A senda comeza visitando a Pena do Chao, unha roca cun petróglifo, onde existe tamén un magnífico miradoiro sobre o val formado polos ríos Antiga e Cabe. A continuación, o camiño achégase ás bocas de varias minas de ferro, como a Cova do Avión, a Cova da Tinta ou a Cova do Couso. Estes montes ocultan pequenas e numerosas explotacións, algunhas da primeira metade do século XX e outras moi anteriores.

Unha derivación de gran pendente ascende ata o Foxo de Lobos de Monteagudo, antiga trampa para diezmar as poboacións de lobos que ameazaban ao pastoreo. Máis adiante, o percorrido achégase ata outro miradoiro na Pena de San Mamede. Desde este punto, a pista continúa ata a fonte do Balneario, outrora concorrido e famoso manancial declarado de utilidade pública.

RECOMENDACIÓNS

Recoméndase non acceder ao interior das minas.

Acceso

Desde Sarria ou desde Monforte de Lemos, a través da CG-2.2 ata a estrada LU-644 de acceso á Cruz do Incio. O inicio en Chao de Namelas está na estrada que comunica as aldeas de San Pedro e Monteagudo, aproximadamente no km 3.

Un plus

FOXOS DE LOBOS

Os fosos de lobos son construcións cara ás que eran conducidos estes animais para así poder darlles caza. Xeralmente están formados por un par de muros e un pozo. Os muros, que teñen altura suficiente para impedir ser superados polos animais, converxen nun foxo escavado no chan no que os lobos eran capturados.

Lonxitude

6,1 km. O trazado principal mide 5,2 km e as variantes suman 900 metros de ida e volta.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Fonte do Balneario próxima á aldea da Ferrería (Concello do Incio)
Punto de partida: Proximidades de Chao de Namelas (Concello do Incio)

Percorrido

Chao de Namelas, Pena do Chao, Cova do Avión, Cova da Tinta, Cova do Couso, Foxo dos Lobos, Pena de San Mamede o Pena Escrita, fonte do Balneario.

Dificultade

Baixa

Duración

2 horas

Material

Recoméndase botas de montaña, provisións e auga.

Servizos

Fora de ruta, na Cruz do Incio.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto con reservas

Acceso a cabalo

Apto con reservas

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

156-II Folgoso do Courel

Máis información

Concello do Incio
Tel.: 982 427 014
www.concellooincio.es

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese arqueolóxico
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba