Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 229 RUTA CHAO DE POUSADOIRO - MUÍÑO DE GARCÍA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 229 RUTA CHAO DE POUSADOIRO - MUÍÑO DE GARCÍA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200529000219/pr-g-229-ruta-chao-de-pousadoiro-muino-de-garcia?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Desde a coidada e fermosa praia fluvial do Chao de Pousadoiro, o carreiro ascende suavemente pola marxe esquerda do río Eo, entre bosques de ribeira e campos de labor. Nos lugares nos que o leito do Eo é angosto, a vexetación vólvese máis tupida e fórmanse bosques de carballos e outras caducifolias.
Tras atravesar as desembocaduras dos afluentes Salgueiro, Rendide e Castro, a estreita senda de pescadores alcanza a ponte colgante de Coado de Lamas. O itinerario non cruza o río, pero recoméndase atravesar a pasarela para gozar das vistas.
Máis adiante, o roteiro termina tras cruzar a ponte de Montefurado. A escasos 50 metros é recomendable visitar o muíño coñecido como Muíño de García. Xunto a este existen dous túneles que traen as augas do río Rodil, un deles relacionado coa explotación aurífera en época romana.
RECOMENDACIÓNS
Non se aconsella en épocas de choiva, temporais ou crecidas do río.
IGREXA DE SAN XOÁN DOS VAOS
Situada a escasos cinco quilómetros do Muíño de García, é un lugar enigmático cunha atmosfera de silencio e soidade. Este antigo priorado da Orde de San Juan de Malta é un dos poucos templos en Galicia no que se poden ver auténticas caveiras humanas como elemento decorativo, sendo cinco as que aparecen incrustadas na parede do atrio da igrexa. Existen varias interpretacións posibles, pero a súa orixe pérdese entre os enigmas da Idade Media.
Sendeiros
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.