CASTELO DA LÚA

Civil
617
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rianxo (Santa Comba)

Lugar: O Pazo

Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 39' 46.6" N - 8º 48' 54.0" W

Descrición

Mesmo na desembocadura do río Te, preto do lugar do Pazo, atópase este xacemento, o único conservado da Idade Media. Situado no contorno do Paseo Marítimo da Torre, está preto da praia do Pazo e no mesmo promontorio está construído o Porto do Pazo. A documentación escrita indica que foi erixida, probablemente no século XIII, por Paio Gómez Charino, derrubada polos Irmandiños en torno a 1465 e reedificada de novo por Suero Gómez de Soutomaior, bisneto do anterior. As noticias conservadas sinalan o 1480 como o ano en que é novamente derrubada polo gobernador real Fernando Acuña.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba