Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: HOTEL DO PORTO&body=Recoméndoche que leas a información HOTEL DO PORTO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/201228000085/hotel-do-porto?langId=gl_ES
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Muros
Rúa Rosalía de Castro 1
15250 Muros - A Coruña
O Hotel do Porto é un hotel de tres estrelas situado no centro histórico da cidade de Muros, renovado en 2020 cunha coidada combinación de madeira de castiñeiro e pedra, con vistas ao porto pesqueiro e ao porto deportivo e á ría. Diante do hotel tamén atopamos unha das praias da cidade.
O hotel ten habitacións amplas e confortables, equipadas con baño privado, smart tv, minibar e wifi. O almorzo, incluído no prezo, sérvese na zona subterránea escavada na rocha. Os equipos de calefacción e climatización utilizan os sistemas máis eficientes e respectuosos co medio ambiente e toda a enerxía procede de fontes sostibles.
Muros ofrece unha ampla gama de rutas gastronómicas, de pesca, vela, surf, sendeirismo e guiadas. A menos de 10 km atopamos lugares como a lagoa de Louro e a praia de Carnota. A fervenza do Ézaro tamén é unha visita obrigada.
O aparcamento está incluído no prezo da habitación.
O aeroporto e a estación de tren máis próximos atópanse en Santiago de Compostela, a 70 km.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.