PAZO DE AGÜEIROS

Civil
1250
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Abanqueiro (San Cristovo)

Lugar: San Martiño

15938  Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 39' 10.0" N - 8º 51' 21.9" W

Descrición

Trátase dun pazo mariñeiro.
Foi Gómez Ares Mosquera,  señor do Couto de San Martiño, o que mandou edificar este pazo.
Desde antigo perteneceu á familia dos Piñeiro que reedificaron o pazo en 1879 e só conservaron os escudos no antigo portalón da entrada e unha inscrición da primitiva construción. O dintel está decorado con pináculos, heráldicas acodadas e un yelmo cimero. Nos escudos aparecen os blasóns dos Varela, Bermúdez, Prego de Montaos, Figueroa, Valladares e Caamaño.
Outra das entradas está presidida por un busto de Cristo de gran beleza aínda que se atopa bastante deteriorado.
A capela de San Martiño, correspondente ao pazo desde tempos remotos, atópase subindo O Bodión.

Acceso

Dende Boiro, tómase a AC-305 en dirección a Padrón. En Cespón cóllese a estrada rural que conduce a Abanqueiro. Ao pouco de entrar nesta parroquia, ao lado esquerdo da estrada, aparece o Pazo.
Accesibilidade: A pé, en coche ou autobús.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba