TORRE DE SILÁN

Civil
1099

Localización

Parroquia: Silán (Santo Estevo)

Lugar: A Torre

27837  Muras - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 27.6" N - 7º 35' 18.1" W

Descrición

O conxunto da edificación divídese en dous tramos nos que o aparello sinala claramente dúas épocas distintas. Fabricado con cadeirado e cachotaría granítica e con cuberta de lousa a catro augas, é de planta rectangular, de dous corpos. A parte oriental pertence á torre vella, construída entre finais do s. XIII ou principios do XIV, rebaixada en época posterior (posuiría unha planta máis) e á que se engadiu no s. XV o corpo de vivenda do tramo occidental. Na planta baixa da primitiva torre consérvase unha porta de arco de medio punto con anchas doelas de granito. A planta rebaixada desta luciría o escudo hoxe situado nunha edificación contigua, coas armas de Cástroos e Andrade, entre outros. No piso baixo da vivenda tamén se abre unha porta de lintel pentagonal, e na planta superior aparece unha curiosa ventá de arco conopial con decoración arredor, ao lado da que se abre unha porta de arco de medio punto con moldura decorada, clave con escudete coa "M" coroada dos Montenegro flanqueada por outros dous escudete cun aguila e unha banda engolada.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba