CASA SOLARIEGA DOS OTERO GOYANES

Civil
1191
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribeira (Santa Uxía)

Lugar: Santa Uxía de Ribeira

Praza Porta do Sol

15960  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 33' 16.8" N - 8º 59' 28.3" W

Descrición

Tamén coñecido como Pazo dos Marqueses de Revilla, esta é unha construción de carácter privado da que soamente se pode observar o exterior.
O edificio ten muros de granito e cuberta de tella a dúas augas. Na fachada principal situada enfronte da igrexa parroquial de Santa Uxía destaca a balconada de ferro forxado e o escudo ou pedra de armas, onde se pode ver a serea dos Mariño cuxa lenda vincula á familia Otero Goyanes coa illa de Sálvora, da que foron propietarios.   
Na fachada lateral da rúa Diego Delicado consérvase unha terraza con balaustres de pedra e varanda de ferro.
As súas orixes remóntanse ao século XIX.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!