AQUIS QUERQUENNIS (RESTOS ARQUEOLÓGICOS ROMANOS)

Depósitos arqueolóxicos
2297

Localización

Parroquia: Os Baños (San Xoán)

32845  Bande - Ourense

Coordenadas:
41º 58' 27.0" N - 7º 58' 51.9" W
+34 988 040 127
+34 988 443 001

Descrición

En Porto Quintela, no Concello de Bande, a só 8 km. da capital do municipio, localízase o complexo arqueolóxico romano  Aquis Querquennis, en pleno corazón do parque natural Baixa Limia – Serra do Xurés, Reserva Mundial da Biosfera e parque transfronteirizo. 

As intervencións levadas a cabo ata o día de hoxe permiten diferenciar:
  • O Campamento militar, un dos máis importantes, escavados, na península ibérica.
  • A mansión Viaria, pousada de viaxeiros.
  • As termas, situadas nunha paraxe de indubidable beleza que invitan á relaxación.
Atravesa o lugar a Vía Nova ou Vía XVIII, calzada romana principal, que unía Braga e Astorga.

A escasos metros do xacemento atópase o Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova, punto de recepción e información sobre os citados recursos. Alberga así mesmo, o museo da Quarquernia (a comarca da Baixa Limia) na etapa máis antiga (dende a Prehistoria ata a Idade Media).

Realízanse visitas guiadas ao xacemento, con tarifas reducidas.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba