A GORGORIÑA

Vivendas Turísticas
1166

Localización

Parroquia: Coiro (San Salvador)

Lugar: A Parada 42

36947  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 17' 08.7" N - 8º 46' 35.6" W
+34 986 305 654
+34 667 064 549

Descrición

A vivenda adoitaba ser unha ¨adega- lagar¨ onde os nosos avós e avoas facían o viño. Situada nunha zona de viñedos solleira, das máis elevadas de Cangas e sobre uns 200 metros sobre o nivel do mar. Dispón, ademais, dunha das mellores vistas da zona.
É unha construción centenaria, reformada a vivenda turística rural recentemente, moi fresca no verán e acolledora nos meses máis fríos do ano, grazas ao seu fogón de leña. Situada nun núcleo rural, o seu acceso ao aparcadoiro privado que ofrecemos, é algo complicado para coches grandes. Os camiños, aínda que rehabilitados e asfaltados recentemente, seguen sendo os mesmos que os nosos avós utilizaban cos seus carros. As paredes son de pedra de cachotería dun ancho de 80 cm. Restaurouse mantendo a esencia orixinal do  lagar, reutilizando materiais existentes e engadindo novos acordes coa súa contorna. Dispón de todos os servizos dunha vivenda de planta baixa nos seus 60 metros cadrados, con fácil acceso para persoas discapacitadas. Tamén dispón de amplo xardín, grellada, mesa de pedra e mobiliario exterior para o goce dos nosos hóspedes
Arriba
Axúdanos a mellorar!