Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: DA PRAIA DE MONTALBO Á DE MAGOR&body=Recoméndoche que leas a información DA PRAIA DE MONTALBO Á DE MAGOR extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210510000220/da-praia-de-montalbo-a-de-magor?langId=gl_ES%26tp=40004370
Da praia de Montalbo á de Magor
O sol do Salnés
No concello de Sanxenxo, xunto á praia de Montalbo, atopamos o punto de partida desta ruta. Dirixirémonos en primeiro lugar cara a punta Montalbo que, cos seus 57 m de altura sobre o mar, convértese nun lugar de excepción dende o que contemplar gran parte da ría de Pontevedra así como as Illas Cíes, cabo Home e ata cabo Silleiro.
Dende aquí o sendeiro levaranos primeiro ata a praia nudista de Bascuas e despois ata a de Pragueira. Poderemos agora separarnos un pouco da liña de costa para achegarnos ata un miradoiro próximo para observar as Illas Ons situadas xusto fronte a nós e que, ao igual que as Illas Cíes, forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
Para rematar o noso paseo continuaremos ata a praia de Magor, que limita na súa marxe esquerda con punta Faxilda e conta cun complexo dunar protexido por unha pasarela de madeira que nos facilitará o paseo ata o final deste areal.
Praia
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.