SENDA LITORAL DE BASOÑAS

Paseos
613

Localización

Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 37' 26.6" N - 9º 02' 46.6" W

O Paseo

Senda litoral de Basoñas
Paseando entre dunas

Na estrada que comunica Corrubedo con Xuño, tras deixar Santa Clara de Novás, atopamos unha pista asfaltada á esquerda que nos leva cara a lagoa de Muro, no seu lado sur. Tras seguir por ela 1,3 km chegaremos a un aparcadoiro onde deixamos o coche para continuar por unha senda sobre a pasarela que salva a zona prelitoral da praia de Basoñas que forma un cordón dunar. Este paseo de madeira segue case que 1 km ata chegar a outro aparcadoiro situado no lado sur da praia.

Durante o noso percorrido albiscaremos as estribacións da serra do Barbanza, coa figura inconfundible dun dos seus montes máis coñecidos, A Curota, a case que 600 m de altitude, ou o monte Taúme, de 240 m, que nos ofrece unhas boas vistas de parte do litoral sonense e do Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Podemos achegarnos á praia e retornar ao punto de inicio seguindo o areal, ou ben regresar polo mesmo camiño.

Características

Lonxitude: 0,94 km (só ida)
Punto de Inicio:
Aparcadoiro lagoa de Muro (42°37'26.65"N / 9º02'46.81"O)
Punto de Fin:
Aparcadoiro praia Melreira (42°37'07.88"N / 9º03'11.77"O)

Accesibilidade a ter en conta

Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!