POLA FOZ DO RÍO LANDRO

Paseos
469

Localización

Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 16.8" N - 7º 35' 54.2" W

O Paseo

Pola Foz do río Landro
Nas portas da ría de Viveiro

Esta ruta á beira do río Landro e da ría de Viveiro comeza moi cerca do convento de Valdeflores. Conta cunha igrexa gótica do século XV, momento no que se fundou o convento, aínda que o edificio do mosteiro é de finais do século XVII. Rexido no seu momento por monxas dominicas, está declarado Monumento Nacional, polo que é recomendable desviarse un pouco para poder contemplalo aínda que só sexa por fóra, xa que na actualidade permanece pechado. 

A partir de aquí camiñamos case todo o tempo sobre unha pasarela de madeira que nos levará pola Panela, área de reserva de aves, ou polo pozo de Piago do que, segundo conta a lenda, podemos ver emerxer a cola de 20 m do dragón que custodia a campá da igrexa de Santa María do Campo, levada alí polos fortes ventos dunha noite de tormenta e que permanece dende entón nas súas profundidades. 

Pasaremos despois por un embarcadoiro para finalizar na área recreativa de Portochao, atravesando así toda unha zona declarada de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).

Características

Lonxitude: 3,5 km (só ida)
Punto de Inicio:
Proximidades do convento de Valdeflores 43°39'16.90"N / 7°35'54.22"W
Punto de Fin:
Área recreativa de Portochao 43°38'19.77"N / 7°36'41.04"W

Accesibilidade a ter en conta

Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba