A ÍNSUA DE SEIVANE

Paseos
1532

Localización

Outeiro de Rei - Lugo

Coordenadas:
43º 04' 29.0" N - 7º 38' 15.1" W

O Paseo

A ínsua de Seivane 
Unha balsa no río Miño

Trátase dunha engaiolante ruta circular de apenas 2 km de percorrido. Abrazada polo río Miño en todo o seu perímetro, poderemos acceder ao interior da ínsua de Seivane a través dunha atractiva pasarela colgante que nos permitirá camiñar milagreiramente sobre as augas. 

Nada máis cruzar a ponte atopámonos cunha área recreativa, merendeiro e un refuxio de pescadores. O paseo discorre por unha senda que rodea toda a ínsua, polo que non ten perda, camiñando sempre á beira do río baixo un denso bosque autóctono de carballos, freixos, salgueiros e acivros. 

É un espazo natural protexido de alto valor ecolóxico e medioambiental, que forma parte da zona núcleo de Reserva da Biosfera Terras do Miño e da Zona Especial de Conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga .

Características

Lonxitude: 2 km
Punto de Inicio:
Ponte colgante 43°4'29.02"N / 7°38'15.10"W
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Treitos inundables en época de choivas
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!