POLA RIBEIRA DO RÍO SARRIA

Paseos
762
No Camiño de Santiago

Localización

Sarria - Lugo

Coordenadas:
42º 46' 04.4" N - 7º 24' 47.9" W

Camiños de Santiago

Camiño Francés

O Paseo

Pola ribeira do río Sarria
A Foz das Aceas

“Sinte, Mira, Escoita, Toca, Saborea e Ule” é o lema que preside o camiño e que xa nos adianta que, sen dúbida, será unha pracenteira experiencia para os nosos sentidos. 

Este bosque, á beira do río Sarria, convídanos a pasear e gozar da natureza lonxe do ruído da vila. Entre castiñeiros, ameneiros, carballos e pradairos discorre esta ruta circular de case 6 km, acondicionada con tarimas de madeira, bancos e paneis informativos sobre a flora, a fauna e os catro muíños que atoparemos no camiño: acea de Baixo, acea de Riba, muíño de Conde e muíño de Regueiro. Todos os bosques galegos soen gardar algún segredo ou misterio e As Aceas non ía ser menos. Contan os veciños que nunha cova deste bosque se refuxiou un home, durante a Guerra Civil española, para salvar a vida. Dende entón ese lugar é coñecido como a cova de Gaspar

Xunto a ela pasaremos no noso camiñar en dirección á ponte de madeira de Fafián, onde podemos cruzar o río para iniciar o camiño de volta pola outra marxe, na que atoparemos treitos con escaleiras que nos axudarán a salvar as zonas de maior pendente.

Características

Lonxitude: 5,6 km
Punto de Inicio:
Cartel de sinalización inicio de ruta 42°46'4.48"N / 7°24'47.95"W
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba