DO PORTO Á ERMIDA DA VIRXE DO MONTE

Paseos
774

Localización

Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 42.2" N - 9º 11' 05.5" W

O Paseo

Do porto á ermida da Virxe do Monte
Miradoiro da ría de Camariñas

Esta ruta lévanos polo litoral máis inmediato á vila de Camariñas, onde comezaremos a camiñar no seu peirao, ou se queremos acurtala un chisco, podemos deixar o vehículo xunto ás ruínas do castelo do Soberano. Aquí empeza unha pista de terra pola que avanzaremos uns 700 m e atoparemos un camiño que nos levará ata os restos dunha antiga cetárea e ao faro da Villueira. Podemos achegarnos e gozar das vistas da entrada da ría de Camariñas con Muxía xusto enfrente de nós.

De volta ao itinerario principal, continuamos entre valados de pedra, pradarías e o constante son do Atlántico. De seguido entraremos nunha masa forestal composta principalmente de piñeiros, e tras cruzar un regueiro chegaremos á praia de Lago ao pé do noso destino, a ermida da Virxe do Monte. Unha pequena costa levaranos de contado ata ela, onde facer un alto e gozar do horizonte aberto do Atlántico enmarcado polo cabo Vilán ao norte e a vila de Muxía coa figura recortada do Santuario da Virxe da Barca ao sur, co monte do Facho de Lourido en segundo plano.

Características

Lonxitude: 3,77 km (só ida)
Punto de Inicio:
Porto de Camariñas (43°07'46.78"N / 9°10'54.75"O)
Punto de Fin:
Ermida da Virxe do Monte (43°07'53.11"N / 9°12'10.75"O)

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba